jueves, 23 de mayo de 2024

O ENREDO DO ABELLEIRO

 

O pasado 30 de abril, coincidindo co remate do proxecto "As Abellas", fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro en Portodemouros.

O Enredo do Abelleiro é un Museo vivente no que non só se mostra unha visión da apicultura dos nosos antepasados senón tamén a diversidade de produtos e métodos da apicultura moderna.

Está ubicado nun entorno con plantas no que as colmeas ocupan un sector destacado chamando a atención as diferentes colmeas de cristal.

Os nenos e nenas poideron compartir a actividade do apicultor no seu taller. Envasaron e cataron mel e fixeron candeas coa cera das colmeas.



https://drive.google.com/drive/folders/1kreah5sx_QvRqU5QBxkixq4YwliDbcXV?usp=sharing

No hay comentarios:

Publicar un comentario